Tenda online Pazo Gil Casares – Aceite de camelia

tenda online pazo gil casares aceite de camelia Pazo Gil Casares encargounos o deseño dunha sinxela tenda online co que dar un primeiro paso na comercialización do seu producto principal, o aceite de camelia. Despois de contarnos a súa idea e o seu proxecto de futuro, non dubidamos en poñernos a traballar para que tiveran a súa tenda dispoñible canto antes. Nela poderedes atopar productos cosméticos elaborados con aceite esencial de camelias 100% galegas.

Web: pazogilcasares.es

Deseño web Punto y Aparte Vigo

Deseño web Punto & Aparte Vigo

Deseño web Punto & Aparte VigoPunto & Aparte é un centro sanitario mutidisciplinar de Vigo especializado en crianza respetuosa, disciplina positiva e terapia familiar, especialistas en psicoloxía, logopedia e atención temprana.

Contaban cunha imaxe moi coidada que querían respetar ao máximo e fumos responsables de facer unha web aséptica, moderna e moi corporativa.

Web: puntoyapartevigo.com

Deseño web Jorge Lens Fotografía

Deseño web Jorge Lens

deseño web jorge lensJorge Lens é un fotógrafo de reconocido prestixio que leva anos publicando e participando en numerosos congresos nacionais e internacionais. Para a súa web quería un deseño moi espartano, con claro protagonismo da fotografía.

Combinando ambos aspectos demos coa chave e conseguimos unha web moi lineal, cun deseño afastado da corrente principal, pero sen esquecer algo tan importante nestes días como a navegabilidade en diferentes dispositivos.

Web: jorgelens.com

Deseño web e gráfico Delatorre Traducciones

Deseño web De la Torre Traducciones

Deseño web e gráfico de la torre traduccionesDelatorretraducciones é un proxecto ideado pola traductora Elisa de la Torre, que ademáis de traducción xeral ofrece servizos de traducción técnica, musical, gastronómica e corrección de textos.

Unha vez máis traballamos man a man con Alltogether Design que se encargaron do deseño do seu logo e tarxeta de visita. Pola nosa parte fixemos o deseño integral da súa web, seguindo o estilo “one page”.

Web: delatorretraducciones.com

Deseño web Alex Readaptación

Deseño web Alex Readaptacion

Deseño web alex readaptacionAlex Gutiérrez – Readaptación al movimiento é un ximnasio terapéutico que ofrece un servizo profesional e personalizado enfocado a mellorar o estado físico, rendemento e calidade de vida dos seus usuarios.

En 2019 comezaban a súa andadura, e nós encargámonos de deseñar a súa web de estilo “one page” maquetada sobre WordPress, ademáis de xestionar as súas redes sociais.

Web: alexreadaptacion.com

Deseño web Foroacui

Deseño web e gráfico Foroacui

Deseño web ForoacuiO Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas é un evento que nace no 1998 co ánimo de ser un espacio de referencia para recoller a realidade e as perspectivas futuras da pesca, marisqueo e acuicultura en Galicia.

Precisaban de un portal web onde dar toda a información sobre o evento e ao mesmo tempo servir de plataforma para o rexistro de asistentes. A web conta cun completo sistema de xestión de usuarios, que facilita a expedición de documentos oficiais do foro.

Web: foroacui.com

Deseño tenda online Ocarallovintenove

Proxecto tenda online ocarallovintenove

Proxecto nado en xuño de 2018, adicado ao deseño e venta de complementos basados no extenso refraneiro galego. Esmera é un dos tres pés deste proxecto no que estivemos (e estamos) a cargo da maquetación e posta en marcha e mantemento da tenda online, funcionando sobre WordPress + Woocommerce.

Web: ocarallovintenove.com

Deseño web e gráfico La Veletta

Deseño web e gráfico La Veletta

deseño web la velettaLa Veletta é un pequeno taller de creación artesanal de toda clase de elementos decorativos, álbumes de fotos, detalles para vodas, cumpreanos, etc…Comezou sendo un proxecto pequeniño no que todo se facía a man con moito esmero e dedicación, e tiñamos a responsabilidade de facerlles unha web acorde que lles axudase a seguir medrando.

Comezamos por redeseñar o seu logo e despois prestáronnos as súas fotos para tratar de reflexar ese caracter artesanal e creativo do mundo do scrapbooking, tendo como resultado unha web moi visual e atractiva.

Web: laveletta.es