Proxecto – Tenda online Pazo Gil Casares, aceite de camelia

Tenda online Pazo Gil CasaresAntes de que remate o ano, queremos falar do último proxecto no que estivemos traballando, a tenda online de Pazo Gil Casares – Aceite de Camelia. A verdade é que en canto nos presentaron o traballo debecíamos por comezar a darlle forma.

A súa historia é a do Pazo Gil Casares, situado na provincia de Pontevedra que debe o seu nome ao doutor Miguel Gil Casares, insigne médico galego que no seu día foi propietario tamén do coñecido Pazo de Fefiñáns, en Cambados. Nos seus xardíns é onde se atopan  as árbores de camelia que son o froito do que se extrae o aceite natural.

Este é un deses proxectos nos que nos gusta implicarnos especialmente, proxectos pequeniños que se fan con moita ilusión e polos que paga a pena esmerarse, poñendo toda a atención aos detalles.

Web Pazo Gil Casares

Tenda online Pazo Gil Casares – Aceite de camelia

tenda online pazo gil casares aceite de camelia Pazo Gil Casares encargounos o deseño dunha sinxela tenda online co que dar un primeiro paso na comercialización do seu producto principal, o aceite de camelia. Despois de contarnos a súa idea e o seu proxecto de futuro, non dubidamos en poñernos a traballar para que tiveran a súa tenda dispoñible canto antes. Nela poderedes atopar productos cosméticos elaborados con aceite esencial de camelias 100% galegas.

Web: pazogilcasares.es

O mapa do Nadal de Vigo 2019

Mapa do Nadal de Vigo 2019

Mapa do Nadal de Vigo 2019Chegou decembro, e con él as festas xa están á volta da esquina. Vendo de onde somos (Vigo) e tendo en conta a tremenda repercusión que tivo o alumeado de nadal da cidade nos últimos anos, non quixemos ser menos e acabamos de deseñar o Mapa do Nadal de Vigo 2019.

Hai opinións de todo tipo, a favor e en contra, pero é innegable que se trata dunha campaña de marketing 100% efectiva, coa que se conseguiu que Vigo estea presente nos medios de toda España.

Así que aquí vai a nosa pequena aportación a dito fenómeno. Trátase dun completo mapa do centro da cidade onde tentamos reunir os principais elementos do “circuito navideño”, incluíndo mercadiños, exposicións e eventos, cos seus horarios e prezos.

Podedes imprimilo nun folio A4 para levalo cando visitedes a cidade, en un A3 para poñelo no voso local ou escaparate, ou simplemente podedes gardalo no móvil para consultalo cando queirades.

Mapa do Nadal Vigo 2019 [Galego]

Mapa do Nadal de Vigo 2019 [Español]