Deseño web Jorge Lens Fotografía

Deseño web Jorge Lens

deseño web jorge lensJorge Lens é un fotógrafo de reconocido prestixio que leva anos publicando e participando en numerosos congresos nacionais e internacionais. Para a súa web quería un deseño moi espartano, con claro protagonismo da fotografía.

Combinando ambos aspectos demos coa chave e conseguimos unha web moi lineal, cun deseño afastado da corrente principal, pero sen esquecer algo tan importante nestes días como a navegabilidade en diferentes dispositivos.

Web: jorgelens.com

Deseño web e gráfico Delatorre Traducciones

Deseño web De la Torre Traducciones

Deseño web e gráfico de la torre traduccionesDelatorretraducciones é un proxecto ideado pola traductora Elisa de la Torre, que ademáis de traducción xeral ofrece servizos de traducción técnica, musical, gastronómica e corrección de textos.

Unha vez máis traballamos man a man con Alltogether Design que se encargaron do deseño do seu logo e tarxeta de visita. Pola nosa parte fixemos o deseño integral da súa web, seguindo o estilo “one page”.

Web: delatorretraducciones.com

Deseño web Alex Readaptación

Deseño web Alex Readaptacion

Deseño web alex readaptacionAlex Gutiérrez – Readaptación al movimiento é un ximnasio terapéutico que ofrece un servizo profesional e personalizado enfocado a mellorar o estado físico, rendemento e calidade de vida dos seus usuarios.

En 2019 comezaban a súa andadura, e nós encargámonos de deseñar a súa web de estilo “one page” maquetada sobre WordPress, ademáis de xestionar as súas redes sociais.

Web: alexreadaptacion.com