5 razóns para contratar a un deseñador web profesional

Neste post queremos darche 5 razóns polas que deberías contratar a un profesional para deseñar a túa páxina web, e non caer presa do típico cuñadismo, encargándolle a web ao teu primo “o informático” ou peor aínda, deixándoche os cartos en plataformas “faino a ti mesmo”
5 razóns para contratar a un deseñador web profesional

5 razóns para contratar a un deseñador web profesionalNeste post queremos darche 5 razóns polas que deberías contratar a un profesional para deseñar a túa páxina web, e non caer presa do típico cuñadismo, encargándolle a web ao teu primo “o informático” ou peor aínda, deixándoche os cartos en plataformas “faino a ti mesmo”

Non amigo informático, non queremos desmerecer a túa boa intención cando lle dis ao teu “primo” que cunha plantilla de 50€ e unha tarde de sábado, móntaslle unha web nun pispás. Desgraciadamente o abanico de opcións no mundo do deseño web abriuse tanto nos últimos anos que parece que case calquera, cun par de clics, pode ter o seu proxecto en marcha en internet. O certo é que si, sabemos que isto é posible, por iso queremos facerche ver por que recorrer a este tipo de servizos, pode traerche bastantes quebradeiros de cabeza, á parte de xogar en contra da túa propia imaxe para os teus potenciais clientes.

Se aínda así estás a dubidar do que che dicimos ou crees que realmente estás capacitado para facer a túa propia páxina web, déixanos que che falemos destas 5 RAZÓNS polas que deberías contratar a un profesional para deseñar a túa páxina web.

1.- Aforrarás tempo e cartos

Soa moi bonito iso de facelo un mesmo en sinxelos pasos. Desengáñate, crear unha web leva tempo, non é un proceso simple nin barato (aínda que o pareza), e as ferramentas que poidan poñer á túa disposición están limitadas, primeiro ao teu orzamento e despois ao teu propio coñecemento do medio. Non será nin o primeiro nin o último cliente que rescatamos das garras destas ferramentas “sacacartos” que se aproveitan do descoñecemento da xente para venderlles un sistema ao que van estar permanentemente atados, e iso cando no mellor dos casos conseguen rematar a súa web. Pensa no tempo que investirás en facelo ti mesmo e as limitacións que vas atopar no camiño (deseños básicos e limitados a unha estrutura determinada, pouca ou ningunha optimización de contidos para o posicionamento (SEO), poucas opcións de adaptabilidade a dispositivos móbiles (web responsive), o propio proceso de aprendizaxe da ferramenta…)

2.- Terás un deseño de gran calidade, exclusivo e personalizado ao 100%

Esta é sen dúbida a clave. Da igual as opcións que che ofrezan para o deseño da túa web. Nunca se vai axustar exactamente ao que queres, e estarás sempre limitado a plantillas predeseñadas ou a entornos de traballo con limitacións. Que custa diñeiro? por suposto, non che imos a enganar, ao fin e ao cabo crear un deseño desde cero adaptado ás túas necesidades leva moito traballo, pero o resultado será 1000 veces mellor que o que poidas alcanzar deseñándoa ti mesmo. Lembra, un deseñador ten a capacidade de interpretar as túas ideas e é capaz de crear un deseño que se axuste a elas (case) sen límites.

3.- A experiencia é un grao, e máis cando falamos de deseño web

Poucos sectores evolucionan tan rápido e en tan pouco tempo. No noso caso levamos case 20 anos dedicándonos ao mundo do deseño web, durante os cales estivemos continuamente formándonos e adaptándonos ás novas tendencias e tecnoloxías que van saíndo ao mercado. Neste sentido, a especialización e a experiencia son factores determinantes para ofrecer un produto de calidade que cumpra cos requisitos de calquera cliente, adaptando ademais o seu custo ás súas necesidades reais.

4.- Esquécete das cotas, a túa web será sempre túa

Tal vez sexa outra razón de peso para deixar de lado as ferramentas de creación de webs. Excluíndo as versións gratuítas, que inclúen publicidade e non teñen posibilidade de contratar dominios, todas requiren do pago dunha cota mensual ou anual só por manter a túa web online, e se deixas de pagar, quedas sen ela, así de fácil…

Cando contratas a un profesional, él encargarase de facer todas as xestións de rexistro de dominio, contratación de aloxamento, deseño e posta en marcha, e entregarache un sistema completo e funcional do que ti serás o único dono e poderás decidir que facer con ela no futuro, sen ter que pagar máis nada que o dominio e o aloxamento.

5.- Soporte personalizado e mantemento/actualización

Outra das vantaxes de contratar o deseño da túa web cun profesional, é que o terás sempre ao teu lado para solucionar calquera dúbida ou problema técnico e terás tamén a posibilidade de contratar un servizo de actualización, para garantir que a túa web sempre estea ao día e nunca quede obsoleta.

Con isto queremos romper unha lanza en favor de todos os estudos de deseño coma o noso, no que coidamos tanto os proxectos dos nosos clientes coma se fosen propios.

Ademáis, non é bo momento este para apoiar ao negocio local?

Escríbenos! – hola@esmera.es