Deseño web e gráfico La Veletta

Deseño web e gráfico La Veletta

deseño web la velettaLa Veletta é un pequeno taller de creación artesanal de toda clase de elementos decorativos, álbumes de fotos, detalles para vodas, cumpreanos, etc…Comezou sendo un proxecto pequeniño no que todo se facía a man con moito esmero e dedicación, e tiñamos a responsabilidade de facerlles unha web acorde que lles axudase a seguir medrando.

Comezamos por redeseñar o seu logo e despois prestáronnos as súas fotos para tratar de reflexar ese caracter artesanal e creativo do mundo do scrapbooking, tendo como resultado unha web moi visual e atractiva.

Web: laveletta.es

Deseño web Impresionanta

Deseño web Impresionanta

deseño web impresionantaTodo o relacionado con publicidade física de calquera formato, dimensión ou material pódese atopar en Impresionanta, especialistas en impresión dixital de gran formato.

Proxecto realizado en colaboración con Alltogether Design que se encargaron do deseño, deixándonos a nós a implementación sobre WordPress.

Web: impresionanta.com

Deseño web Aldea Cavernícola Despedidas

Deseño web Aldea Cavernícola Despedidas

Deseño web aldea cavernicola despedidasUn dos proxectos máis descacharrantes nos que tivemos a oportunidade de participar, o deseño da web de Aldea Cavernícola Despedidas, un recinto ubicado en Leiro (Ourense) onde pola época estival reúnense decenas de persoas para pasar un fin de semana de despedida de solteiro ou solteira.

A petición era clara, transmitir ese espírito á unha web ambientada na época cavernicola. Dito e feito.

Web: aldeacavernicoladespedidas.es

Deseño web David Amoedo

Deseño web Davida

Deseño web DavidaDavida Amoedo “aka” Davida é un ilustrador e debuxante vigués que precisaba dunha web onde expoñer algúns do seus traballos con categorías tan diversas como serigrafía, tiras cómicas, carteles ou murais.

A súa web e 100% visual, como un proxecto de estas características merece, e como non pode ser de outra forma, montado sobre WordPress, para proporcionarlle unha ferramenta sinxela que poida xestionar sen problemas.

Web: daviamoedo.com

Deseño web Alba Bar Fisioterapia

Deseño web Alba Bar Fisioterapia

Deseño web Alba Bar FisioterapiaAlba Bar abría o seu centro de fisioterapia no ano 2015, todo era de estrea, instalacións, equipamento, imaxe corporativa e lóxicamente tamén precisaba unha web, para posicionarse dentro do seu ámbito na cidade de Vigo.

Respetamos ao máximo a súa imaxe, con tons claros e unha maquetación sinxela onde destacasen todos os seus servizos.

Web: albabarfisioterapia.com

Deseño web Celta Atletismo

Deseño web Celta Atletismo

Deseño web Celta AtletismoUn dos clubes de atletismo con máis historia de toda a comunidade galega precisaba unha actualización da súa web, que non era máis que un simple blog, para mellorar a súa imaxe de marca e despertar o interese de empresas e organizacións. Aproveitamos a plataforma WordPress sobre a que xa estaba montada e buscamos a forma de darlle un novo aire, máis fresco e actualizado.

Web: celtatletismo.es