Chegou decembro, e con él as festas xa están á volta da esquina. Vendo de onde somos (Vigo) e tendo en conta a tremenda repercusión que tivo o alumeado de nadal da cidade nos últimos anos, non quixemos ser menos e acabamos de deseñar o Mapa do Nadal de Vigo 2019.
Hai opinións de todo tipo, a favor e en contra, pero é innegable que se trata dunha campaña de marketing 100% efectiva, coa que se conseguiu que Vigo estea presente nos medios de toda España.
Así que aquí vai a nosa pequena aportación a dito fenómeno. Trátase dun completo mapa do centro da cidade onde tentamos reunir os principais elementos do “circuito navideño”, incluíndo mercadiños, exposicións e eventos, cos seus horarios e prezos.
Podedes imprimilo nun folio A4 para levalo cando visitedes a cidade, en un A3 para poñelo no voso local ou escaparate, ou simplemente podedes gardalo no móvil para consultalo cando queirades.