Estreamos blog!

Blog Esmera marketing dixital, VigoNon era sen tempo! Despois de uns cantos anos por aquí por fin decidimos facer un blog onde poidamos deixar todas as nosas inquedanzas no que respecta ao mundo do deseño gráfico o deseño web e o extenso campo do marketing dixital.

Por aquí falaremos das nosas experiencias, compartiremos curros de outros colegas, falaremos de WordPress (moito WordPress), compartiremos consellos e ferramentas que usamos no noso día a día, faremos crítica do que nos pareza (sempre desde o respeto 😉 e tamén autocrítica, ninguén é perfecto!

En definitiva, falaremos do pasado, presente e futuro dun sector tan cambiante coma o noso e como o imos afrontar.

Un saúdo e…happy blogging!! 🙂

Deixa un comentario