Reseteando

“Se queres facer un blog, que saibas que hai que publicar con frecuencia”

Aínda lembramos cando (fai non moito) xurdiu este tema nunha reunión cun cliente ante a súa proposta de crear unha sección de blog na súa web. E lonxe de predicar co exemplo, aquí atopámonos, a finais do ano 2020, case un ano despois de estrear esta nosa sección onde nos atopamos, vendo que no historial de artigos non hai máis que tres entradas…

Entre medias cruzáronse a bipaternidade do que escribe, moito curro e unha pandemia, que trastornaron o plan de traballo que tiñamos pensado, dando como resultado o que podedes ver por aquí…un deserto.

E non é por falta de contidos por publicar, xa que seguimos traballando duramente durante todos estes meses e temos proxectiños que xa viron a luz e que aínda non vos presentamos por aquí, pero sinceramente vímonos superados como nunca antes.

Así que tiraremos de refraneiro, xa que “non hai mal que por ben non veña” e non queremos saber nada diso que se di de “en casa de ferreiro coitelo de pau”, porque aínda que digan que do “dito ao feito hai un treito” estamos dispostos a facer “borrón e conta nova” con este blog.

Leña!